LOGO PERIFERICOS
 
Productora Periféricos || Tel. 620 773 512 || productora@perifericos.org
..........................................................................................................................................................................................................................................................

SOMOS PERIFERICOSTRABAJOS PERIFERICOSQUE HACEMOSCONTACTO PERIFERICO

| CÁMBIOCHO!
Cap.9 // Banco de Tiempo de Ribeira
 


Esta semana Cámbiocho! visita o Banco do Tempo de Riveira, que empezou a funcionar hai uns meses e xa conta con 17 usuarios.
No primeiro intercambio, Elisa Novo, de 65 anos e familia mariñeira, ensinará a Xosé Alberte, de 59 anos, todo o que sabe sobre as dornas. A Festa da Dorna celébrase nesta localidade, do 14 ao 24 de xullo, e Alberte ten curiosidade por coñecer algo máis sobre esta embarcación típica das Rías Baixas. Desprázanse ao Parque Periurbano de San Roque, onde unha exposición etnográfica que se encontra no seu Centro de Interpretación, servirá de apoio para as explicacións de Elisa. O intercambio finaliza no porto, vendo in situ algunha destas embarcacións tan nosas.

O segundo intercambio protagonízano Mónica Chaves e Rosa Rodríguez, elas internaranse no mundo do reborn. O termo reborn ou renacido, emprégase para denominar aos bonecos hiperrealistas feitos con látex ou vinilo, auténticas obras de coleccionista que fixeron estrago en Estados Unidos e que parecen acabados de nacer de verdade. Mónica, é a única persoa que realiza estes bonecos en Galicia e unha das poucas que os fai en España, ademais ela é usuaria do Banco do Tempo de Riveira, así que, Rosa aproveitará esta circunstancia para introducirse nesta técnica.
Ambos os dous intercambios ten o mesmo custo para os usuarios do Banco do Tempo, unha hora.

 

 


 
..........................................................................................................................................................................................................................................................