LOGO PERIFERICOS
 
Productora Periféricos || Tel. 620 773 512 || productora@perifericos.org
..........................................................................................................................................................................................................................................................

SOMOS PERIFERICOSTRABAJOS PERIFERICOSQUE HACEMOSCONTACTO PERIFERICO

| CÁMBIOCHO!
Cap.7 // Banco de Tiempo de Vigo (Casco Vello)
 


O programa trasládase a un dos bancos de tempo que existen no concello de Vigo, concretamente no casco vello desta cidade, que conta con 52 usuarios. A primeira parella que se presenta é a formada por Ángel Rodríguez, de 45 anos, e Manuel Marechal, de 28. Ángel está desempregado nestes momentos, pero é un home moi habilidoso coas súas mans e moi afeccionado á cerámica. Antes de comezar o seu traballo desprázanse ata Castrelos. Alí van ver un mural colectivo moi coñecido chamado Pegada e fume, composto por 1.800 azulexos, no que participaron eles mesmos. Logo marchan ata o taller de Ángel para realizar unha peza conxunta. Van facer un bol de barro nun torno. Ángel recibe un cheque por horas polo seu traballo. Manuel, que desenvolve a súa actividade profesional como axente náutico, é a segunda vez que se xunta con Ángel para traballar coas mans nunha peza artesanal.

A segunda parella que presenta este programa da produtora Periféricos para V Televisión é a formada por María Anita Domínguez, de 50 anos, e Gladdys Martíns, de 47. As dúas mulleres son uruguaias e viven en Vigo desde hai anos. María ofreceu ó banco de tempo clases de pirogravado, unha técnica de debuxo que emprega metal incandescente aplicado sobre unha superficie, que pode ser madeira, coiro ou papel, entre outras. No programa deciden facer un gravado sobre unha caixa de madeira. O obxectivo e darlle unha sorpresa á sobriña neta de Gladdys. Os espectadores de V Televisión verán como se fai un debuxo sobre unha madeira empregando o lume en vez do pincel. Elas tamén falarán da súa visión sobre Galicia e cousas que lles sorprenderon. Por exemplo, a paisaxe, e que a xente viva tan achegada ao mar. En canto a gastronomía, para María Anita e Gladdys, foi unha sorpresa a afección dos galegos polos bocadillos, que no Uruguai é só un reforzo para a comida, non un prato en se mesmo.

 

 


     
..........................................................................................................................................................................................................................................................