LOGO PERIFERICOS
 
Productora Periféricos || Tel. 620 773 512 || productora@perifericos.org
..........................................................................................................................................................................................................................................................

SOMOS PERIFERICOSTRABAJOS PERIFERICOSQUE HACEMOSCONTACTO PERIFERICO

| CÁMBIOCHO!
Cap.5 // Banco de Tiempo de Vedra
 


No capítulo 5 de Cámbiocho! Visitamos o Banco do Tempo de Vedra, fundado en 2008 conta con 51 usuarios.
Alba (Alba Ferradáns; 21 anos; Estudante no Centro Superior de Hostalaría; Ofrece nocións de cocteleiría), queda con Rosario (Rosario Canicoba; 26 anos; estudante; Demanda aprender cocteleiría) para ensinarlle a preparar un Dry Martini e unha Caipirinha. Alba estuda Hostalaría e participou nun taller de cocteleiría, onde ensináronlle algunhas técnicas para a elaboración destes combinados.


De Vedra, tamén son Manuel (Manuel Vilas; 62 anos; Carpinteiro e restaurador de aparellos; Ofrece ensinar a tocar a campá) e Alberto (Alberto Bolón; 25 anos; Comercial; Demanda aprendizaxe musical), dúas xeracións que se reencontran por mor do Banco de Tempo. Manuel ensinará a tocar a campá a Alberto, a interpretar o significado dos seus toques e ademais fará de guía no Museo de Etnográfico de Vedra, onde Manuel expón varios dos seus traballos de restauración e pezas da súa propia autoría.
Ambos intercambios teñen un prezo común, unha hora de Banco do Tempo.

 

 


     
..........................................................................................................................................................................................................................................................