LOGO PERIFERICOS
 
Productora Periféricos || Tel. 620 773 512 || productora@perifericos.org
..........................................................................................................................................................................................................................................................

SOMOS PERIFERICOSTRABAJOS PERIFERICOSQUE HACEMOSCONTACTO PERIFERICO

| CÁMBIOCHO!
Cap.3 // Banco de Tiempo de Lalín
 


Lalín fundou o seu Banco do Tempo en setembro de 2008, na terceira entrega de Cámbiocho! achegámonos a este banco que conta con 61 usuarios. Nelly (Nelly Pilar García; 54 anos; auxiliar de axuda a domicilio; ofrece labor de gancho con plástico) emigrou de nena a Uruguai, xa de volta a Galicia quere recuperar as súas raíces e demanda ao Banco do Tempo aprender galego. A cambio ensinará a Belén (Ana Belén Romero; 29 anos; Auxiliar de axuda a domicilio; demanda labor de gancho) como elaborar bolsos de deseño personalizado e alfombras de baño feitas con plástico reciclado de bolsas de supermercado.

Javier (Javier Royo Andrés; 72 anos; Tipógrafo xubilado; demanda manualidades) traballou dende os 9 anos, coñeceu a emigración e agora que está xubilado, emprega o seu tempo en non deixar de aprender. Susana ( María Susana Zas; 45 anos; Monitora de tempo libre; ofrece decoración de bandexas decoupage) ensinaralle, nun intercambio do Banco do Tempo, unha técnica de decoración de bandexas de cristal, o decoupage. De forma moi sinxela e con poucos materiais, transformasen unha bandexa de cristal en toda unha peza de deseño. Ambos os dous intercambios, como sempre, ten un custo en horas de banco do tempo, que uns pagan e outros ingresan.

 

 


     
..........................................................................................................................................................................................................................................................