LOGO PERIFERICOS
 
Productora Periféricos || Tel. 620 773 512 || productora@perifericos.org
..........................................................................................................................................................................................................................................................

SOMOS PERIFERICOSTRABAJOS PERIFERICOSQUE HACEMOSCONTACTO PERIFERICO

| CÁMBIOCHO!
Cap.13 // Banco de Tiempo de Vigo (Teis)
 


Esta semana Cámbiocho! visita novamente o Banco do Tempo de Vigo, un dos máis grandes de Galicia e que conta con varias sedes, nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saians. No primeiro intercambio, Ángela Serra, dona dun dos restaurantes italianos máis populares de Vigo, ensinará a Ruth Taboas os segredos da pasta caseira. O obxectivo é elaborar uns ravioli dende cero, a partir de fariña e ovos lograrán unha masa básica que logo completarán cun recheo de espinacas e unha salsa rápida. Ademais, Ángela dá a Ruth outras opcións, cunha máquina corta-pasta e a mesma masa, descubriremos como facer tallaríns, lasaña, etc.


O segundo intercambio protagonízano Manuel Lorenzo e Amparo López, hai uns meses Manuel iniciárase en mundo do Ioga, pero por falta de tempo libre tivo que deixalo. Amparo é toda unha profesional do Ioga Holístico e ofrece iniciarse nesta actividade aos usuarios do Banco do Tempo que o soliciten. Recuperar a consciencia respiratoria, posicionar correctamente a columna, liberar tensións nas articulacións e sobre todo lograr un equilibrio emocional e mental, son algún dos conceptos que Manuel empezará a asimilar. Ao longo destes trece capítulos de Cámbiocho! demostrouse que non todo ten un prezo, ou polo menos que o prezo non ten que vir marcado por unha moeda convencional. Os intercambios do Banco de Tempo páganse, pero a moeda de cambio é o tempo de cada un dos usuarios, sen dúbida ningunha unha moeda máis natural, unha moeda que acuñan cada unha das persoas que demandan e ofrecen servizos.

 

 


     
..........................................................................................................................................................................................................................................................